Cría de marta

17.05.2013-12.11.18_IMG_4388_800x600IMG_4376_800x600

Recollemos unha cría de marta , que vimos caer dun piñeiro, este pasado sábado 11 de maio ás 4 da tarde nos montes do concello do Corgo.
Dubidamos se deixala no sitio, por se a nai a subise ao niño, pero como non sabiamos se iso pasaría, nin como a afectara o golpe producido na caída á cría, optamos por envolvela con sumo coidado nunha gorra e na nosa chaqueta, evitando o contacto directo co animal para non transmitirlle enfermidades. Inmediatamente chamamos desde o noso domicilio ao Centro O Veral, para que viñesen  recollela. Ao cabo dunha hora chegou unha furgoneta da que baixou un home fumando , que dixo: “Que tes aí ?, un bebé?” de malos modos, e ao ver ao animal engadiu:” iso é un esquío…? “. Contestamos que era unha cría de marta. (Animal escaso en Galicia e protexido pola lei). Interesámonos polo destino da marta, por se podiamos saber dela, e o home respondeu que non se podía entrar no centro debido á  transmisión de enfermidades, (mentres continuaba fumando, sen luvas, e sen caixa ningunha para transportar ao animal) e ía depositala directamente no chan do maleteiro, enriba dun plástico reflectante. Entón insistimos para que non sacase ao animaliño da nosa gorra, para que non fose abaneando no camiño, cousa que o home fixo de mala gana, pechando cun gran portazo o maleteiro .
Quedamos moi preocupados pola sorte da cría de marta, e indignados pola actitude antiprofesional e maleducada do home que a veu recoller.

Catro días máis tarde chamamos para comentar o sucedido e saber da sorte do animal. Un home informounos, moi amablemente, que a marta encóntrase agora ben, e que dentro de algo máis dun mes poderá ser reintroducida no lugar onde se atopou. Afortunadamente a persoa que reolleu a marta era un axente forestal que nada ten que ver co centro.

Publicado en Mamíferos, Marta | Deixar un comentario

Ferreiriño bacachís e lavandeira branca

IMG_4090 IMG_4115 IMG_4162 IMG_4179 IMG_4182

Como todos os anos por estas datas, xa se poden ver algúns paxaros comezando a construción dos seus niños. Tamén se pode xa oír cantar ao cuco que non ten esa preocupación, xa que parasita niños de carrizos, paporrubios etc. Outros xa teñen o niño feito e están chocando os ovos, como é o caso da parella de merlos que instalou o niño nuns loureiros. En todo caso, todos senten a necesidade vital de perpetuar a súa especie.

Publicado en Aves, Ferreiriño bacachís | 1 comentario

Paxaros na neve

1_800x6002_800x600 5 8

Perdón pola tardanza pero, por diversos motivos non puiden actualizar a páxina ultimamente.
As fotos son do comedeiro que como todos os anos coloco en inverno para axudar as aves. Dado que este ano foi especialmente frío o comedeiro recibiu máis visitas, e coas neves de febreiro permitiume fotografar o lugar e as aves cunha paisaxe diferente.

Publicado en Aves, Ferreiro abelleiro | Deixar un comentario

Morcego e formacións

IMG_8015_800x600IMG_8048_800x600IMG_8051_800x600IMG_8057_600x800IMG_8058_600x800IMG_8062_800x600En Galicia, temos  a sorte de  contar con unha gran variedade de especies de morcegos.  Neste caso estaban invernando nesta cova, onde tamén había unhas formacións rochosas  moi fermosas.

 

Publicado en Mamíferos, Morcego | Deixar un comentario

Boletus edulis

IMG_3403_800x600IMG_3461_800x600IMG_3464_800x600 copiaAí van tres boletus edulis deste outono. Esta especie de cogomelos é  moi apreciada na cociña micolóxica pagándose a 20 euros o Kg. Non é moi abundante e aparece  en soutos de carballos ou castiñeiros. Nunca os atoparedes nun eucaliptal polo que é importante preservar as masas arbóreas caducifolias, que mostran unha biodiversidade moito maior nos bosques autóctonos.

Publicado en Cogomelos | Deixar un comentario

Moucho común

moucho 1 (modificado)_800x600Lapido mándame amablemente esta foto dun moucho común padronés.

Esta ave, que no seu momento foi común en Galicia, experimentou unha forte regresión nos últimos 20 anos, vendo  reducidos os seus efectivos case á metade. Isto provocou que fora escollida ave do ano pola Seo/BirdLife para chamar a atención sobre a diminución dos seus efectivos.

 

Publicado en Aves, Moucho común | Deixar un comentario

Morcego de Ferradura

 

Atopei a este morcego de ferradura pousado na viga dun forno de leña, nunha casa de labradores de máis de cen anos, na provincia de Lugo.

 

 

Publicado en Mamíferos, Morcego | Deixar un comentario