anfibios

Encontrei a este limpafontes verde e esta píntega nuha fonte cuberta por unha lousa, cando  paseaba pola miña aldea no interior de Lugo,a -5º.


Ficha:

limpafontes verde

triturus marmoratus

Descipción:

É o máis grande dos nosos tritóns,podendo alcanzar os 16 cm de lonxitude total. É inconfundíbel pola súa coloración dorsal verde xaspeada de negro, e a zona ventral gris escura con puntiños negros.

As femias e as crías teñen unha liña vertebral alaranxada.

Distribución:

En Galicia é bastante común, encontrándose desde o nivel do mar até os 1.700 metros (Trevinca).

Hábitat:

Aínda que habitualmente se lle encontra en augas estancadas con vexetación nas súas marxes,non é raro encontralo en charcas,pozos e incluso en bosques sombríos sen masas de auga.É quizais o máis terrestre nos nosos tritóns.

Postas:

Cada femia pon entre 150 e 400 ovos,que son postos illados e escondidos en pregues de follas de plantas acuáticas,que son realizados pola femia coas súas patas posteriores.Cada ovo ten aproximadamente 2 milimetros de diámetro

larvas:

Os cágados que acaban de nacer miden uns 10 milímetros de lonxitute e son de cor amarela ou rosada, con liñas dorsais pardas.

Alimentación:

En estado adulto aliméntanse especialmente de larvas de insectos, olitquetos,caracois e lesmas.Tampouco desprezan ovos e cágados doutros anfibios.

Status poboacional:

Trátase dunha especie bastante abundante en toda Galicia, sen grandes problemas de conservación.

Os riscos que padece son os habituais a todos os anfibios: tranformación do medio, desecamento de zonas húmidas, contaminación e intrducíon de fauna alóctona

Ficha:

Píntega común

salamandra salamandra

Descipción:

Urodelo de aspecto algo gordocho,con cabeza grande e dúas glándulas parótides a ambos lados da cabeza.Lonxitude total entre 12 e 18 centímetros.

Cor negra brillante con manchas irregulares e amarelas,aínda que varía moito según a zona xeográfica; hai zonas nas que son case negras e noutras practicamente amarelas. A coloración ventral é máis esvaecida.

Distribución:

Ocupa toda Galicia, desde o nivel do mar até os 1.800 metros de altitude, aínda que é máis abundante polo norte. Está presente nas illas Cíes e Ons.

Habitat:

Aínda que pode aparecer en calquera tipo de hábitat, acostuma ser máis abundante en fragas sombrías e húmidas.Especialmente, encóntrase máis cómoda entre a follaxe, baixo pedras etc. Non se afasta escesivamente dos cursos de auga, máis non se interna neles.

Postas:

A especie é ovovivípara; as femias paren entre 5 e 80 larvas ( en un ou  varios partos) ao longo de todo o outono, podendo prolongarse até a primavera en zonas de montaña.O parto prodúcese normalmente na auga, en fontes e pequenos regatos, aínda que algunhas veces as femias paren en terra larvas xa completamente metamorfoseadas.

Larvas:

A lonxitude total, antes de completar a metamorfose, pode chegar aos 65 milímetros.

As larvas, ao estar xa parcialmente  metamorfoseadas,teñen as catro extremidades desenvolvidas e aspecto robusto.Cor parda, excepto o ventre, que é de cor branca.

A crista dorso caudal comeza á metade do dorso, e a punta da cola é redondeada.

Alimentación:

A dieta máis habitual destes salamándridos é base de larvas de insectos,  miñocas e gasterópodos, así como pequenos araneidos.

Status poboacional:

Trátase dunha especie bastante abundante en toda a nosa xeografía, especialmente no norte, centro e suroeste, aínda que as súas poboacións están en regresión.

Estes anfibios poden verse afectados polo destacamento de zonas húmidas, así como pola introdución de especies foráneas de peixes e cangrexos, que depredan sobre as postas e larvas.

(Esta información está sacada da guía dos anfibios e réptiles de Galicia, editorial baía)

Esta entrada foi publicada en Anfibios, Limpafontes verde, Píntega. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s