Ra patilonga

Encontrei a esta ra patilonga  cerca dun rego feito para regar un prado.Collina, saqueille a foto e deixeina na auga.

Ficha:

Ra  patilonga

Rana iberica

Descrición:

Ra de pequeno tamaño, de entre 30 e 40 mm pero excepcionalmente pode chegar aos 70 mm.

Aspecto xeral bastante esvelto e fociño bastante  aguzado. O tímpano acostuma ser pouco visíbel e o diámetro bastante menos que o do ollo. Carece de glándulas parótides. Patas posteriores moi longas.

Polo xeral lisa ou con  pequenas verrugas polo dorso ás veces estas de cor clara. Ollos grandes e prominentes con pupilas orizontais.

Especies parecidas:

A ra vermella  (rana temporaria), pero esta ten a cor dorsal máis clara, o tímpano máis visíbel e grande, ( do tamaño do ollo), pregues dorsolaterais máis xuntos, e gorxa abrancazada ou amarelenta e, se ten pigmentación escura non marca unha liña central clara. Ademais, a Rana iberica ten unha membrana interdixital máis completa nas dedas das extermidades posteriores.

Distribución:

Abundante en toda Galicia, algo menos na meseta ourensá. Visíbel desde o nivel do mar até os 1800 metros. A maior altitude é sustituida pola Rana temporaria.

Hábitat:

Sempre está ligada a cursos de auga limpa, como regos de augas frías e rápidas con vexetación nas súas beiras. Tamén aparece nas canles de rego dos prados e charcas que se forman ás beiras dos ríos á sombra de vexetación.

Postas:

As postas teñen un número moi reducido de ovos (entre 192 e 445 ) que a femia deposita en masas globosas duns 6 cm de diámetro, entre pedras ou no leito lamacento de augas remansadas ou de corrente nula. Cada ovo ten entre 1,8 e 3 mm e son de cor escura.

Larvas:

As larvas teñen unha lonxitude total de entre 30 e 5o mm, co espiráculo no lado esquerdo. Cor dorsal parda olivácea e zona ventral moi escura, case negra, con lunares brancos que transparentan os intestinos.

Alimentación:

Como outras ras, aliméntase de artrópodos ( ticópteros, coleópteros, plecópteros, miriápodos, araneidos), así como de gasterópodos.

Status poboacional:

Aínda que en Galicia é unha especie relativamente abundante, no resto da súa zona de distribución é bastante máis escasa, polo que cómpre a súa protección na nosa xeografía.

Resulta afectada principalmente pola contaminación e alteración do seu hábitat, así como pola introducción de especies exóticas.

( información sacada da guía dos réptiles e anfibios de Galicia )

Esta entrada foi publicada en Anfibios, Ra patilonga. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s