Lagarto arnal

Encontrei a varios lagartos arnais nunha penedía soleada na fronteira entre Galicia e Portugal. Este era o máis grande aínda que non sei se se aprecia na foto.

Ficha:

Lagarto arnal

(lacerta lepida)

Descipción:

É o saurio máis grande de Europa, alcando os 26 cm de lonxitude cabeza+corpo, máis outros 50 cm de cola, aínda que en Galicia os exemplares maiores non superan os 19 cm de cabeza + corpo e outros 35cm de cola.

Son moi fortes e robustos, coa cabeza moi grande e con fortes mandíbulas, especialmente os machos, con grandes placas cefálicas.

A cor do dorso é verde, mais ou menos apagada cun xaspeado pardo ou negro , e unhas manchas circulares nos costados de cor azul orlados de negro  (ocelos).Ventre e gorxa xeralmente de cor amarela ou verde clara sen manchas.

As extremidades están ben desenvolvidas, e a cola adoita madir entre vez e media e duas veces  e dúas veces a lonxitude de cabeza + corpo.

As placas dorsais son de un pequeno tamaño, sendo algo máis grandes as da cola ecarenadas as da punta.As placas ventrais son bastante grande.

Distribución:

Ocupa toda Galicia, con excepción do extrmo norte e das zonas máis frías do interior; debido ao seu cárcter termófilo non alcanzan grandes altitudes (600 metros en Ancares , 1200 metros Trevinca).É especialmente abundante na metade sur da franxa costeira, sobre todo nas illas Cíes, Ons, Sálvora ( onde se encontraron os exemplares máis grandes de Galicia), Arousa A Toxa, e Cortegada.

Habitat:

Pode vivir en multitude de medios diferntes, desde dunas areentas costeiras até ladeiras  rochosas de montañas, pasando por fragas, zonas cultivadas etc. Prefire, porén, zonas abrigadas e con sol, con vexetación non excesivamente abundante e con rochas baixo as que busca refuxo.Acostuma colonizar zonas castigadas polos incendios forestais.

Postas:

A única posta anual ten lugar nos meses de xuño e xullo, onde cada femia deposíta entre 5 e 22 ovos de tamaño bastante grande, cunhasimensións aproximadas de 20mm de lonxitude e 13mm de anchura.

Xuvenís:

Miden ao nacer entre 40 e 45 mm de cabeza + corpo, de cor parda que despois se torna verde, e cuns característicos ocelos de cor branca ou amarela bordeada de negro pola rexión dorsal.

Alimentación:

É omnívora prefire coleópteros, himenópteros e caracois terrestres aínda que tamén inxire pequenos vertebrados, como lagartas, anfibios, pequenos ratos e ovos de páxaros.Complementa a súa dieta con froitos (amoras e uvas) especialmente en determinadas épocasdo ano.

Status poboacional:
Aínda que é unha especie relativamente abundante na nosa xeografía, especialmente cara o sur, a situación das poboacións esta empeorando, debido principalmente aos incendios forestais.

(Esta información esta sacada da guía dos anfibios e réptiles de Galicia)

Esta entrada foi publicada en Lagarto arnal, Réptiles. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s