Marta asustada

Unha mañá ás once, na miña aldea, o que empezou como un pequeno paseo para ensinarme os marcos dun par de fincas acabou como unha auténtica aventura. Meu pai e eu estábamos paseando, cando o noso can empezou a correr e a dar voltas por todo o lugar. De repente meu pai grita: “mira mira” sinalando  esta marta que, perseguida polo noso can, intentou poñerse a salvo subindo  por este  piñeiro. E eu quedei alí observándoa cos meus prismáticos mentres meu pai corría á casa a coller a cámara para poder sacarlle estas  fotos.

Ficha:

Marta

martes martes

Mustélido de tamaño mediano,moi ben adaptado a vida nos bosques.De complexión forte e flexíbel, cunha morfoloxía alongadao mesmo que a súa peluda cola, moi útil  para actuar de contrapeso cando salta sobre as pólas das árbores, ou como temón cando o fai desde varios metros de altura. As extremidades son pentadáctilas e non tan curtas como noutos mustélidos, con unllas semiretáctiles.A adaptaciónde opoñer o quinto dedo resulta útil para agatuñar polas cortizas dos árbores. As patas anteriores son máis grandes que as posteriores. As plantas dos pés posúen pelos que recubren as almofadiñas e que protexen as patas do frío e aumentan a súa superficie para camiñar sobre a neve. Cabeza ancha e tiangular co fuciño afiado, grandes orellas triangulares cunha orla máis clara de cor branco amarelento que destaca sobre o resto da cabeza. Ollos escuros, fuciño con abondosas vibrisas negas e brillantes coa punta do nariz negra. O máis característco de esta especie é o babeiro de cor amarelento ou alaranxado e con forma tiangular, que se estende desde a gorxa até o pescozo, similar á que ten a M.foina. A librea é moi homoxénea dunha cor castaña escura que se aclara polo ventre as extremidades e o rabo son pardas moi escuras.A capa de borra, cun aspectro laúdo, é gris crema, máis escura que na M.foina. No estío, a pelexa perde parte da borra invernal e pasa a ter unha librea menos densa e máis clara. Cráneo longo e ancho com crista saxital máis marcada nos machos, perfil convexo e arco cigomático delgado. Non existe dimormismo sexual. Acadan a madurez sexual entre os 15 ou os 30 meses, os machos polo xeral antes que as femias. As martas viven solitarias todo o ano, excepto en época de celo; mentres non acontece ese momento, de calquera intruso que intente penetrar no seu perímetro. Para evitalo, marcan con defecacións impregnadas de hormónas, por mor dunhas glándulas situadas no ano e que tamén posúen nas plantas dos pés para a comunicación intaespecífica. Entre xuño e agosto as femias entran en celo e, para informar aos machos desta nova situación, refregan os xenitais contra a vexetación e as pedras. Durante uns días os machos que acoden á chamada, pelexan até decidir quen se vai aparear.O procedemento de conquista é similar ao de todos os mustélidos , non obstante o período de cortexo é máis longo, podendo estar a femia receptiva até 15 días. Finalizada esta situación, o macho regresa ao seu territorio. A implantación e diferida, até o ano seguinte, polo mes de marzo ou abril non se producirá o parto de 2 a 7 crías en troncos ocos, niños de aves ou máis raramente fendas entre as rochas a finais do verán remata a crianza, e xusto neste momento comeza a dispersión dos xuvenís. As martas móstranse activas especialmente durante a noite, percorren o territorio dando saltos ou correndo polo xeral por rutas habituais. Pode pasar as horas sen actividade metida dento dun niño de paxaro abandoado ou enrroscada no interior dunha árbore oca. No período de celo as femias son máis diúrnas. Especie forestal presente sobre todo en bosques maduros con abundantes árbores vellas, tamén en piñeirais , evita zonas antópicas. Presente dende o nivel do mar até os máis altos cumes. Aliméntanse principalmente de especies arborícolas como o esquío, leiróns ou aves que adoitan descansar en niños, pero tamén caza en terra. Detecta as vítimas, coellos, lebres e micromamíferos , grazas ao seu fino olfacto e oído. Distrbuída polas principais serras galegas. Especie pouco abondosa.

( Esta información está sacada da guía dos mamíferos de Galicia)

Esta entrada foi publicada en Mamíferos, Marta. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s