Sapo común

Encontrei a este sapo común unha noite chuviosa de inverno ao lado da casa  na miña aldea.

Ficha:

Sapo común

bufo bufo

Descripción:

É o noso anuro de maior tamaño, posto que pode chegar aos 210 mm, aínda que acostuma medir entre 60 e 80 mm os machos e entre 70 e 120 mm as femias.

Ten o corpo gordecho coa pel moi rugosa, tanto polo dorso como polos costados. Ten glándulas parótides con forma de ril e con disposición oblicua entre elas.

Cor do dorso variábel, normalmente parda manchada de gris, e máis raramente vermella, verdosa ou amarela. Zona ventral abrancazada ou cinsenta.

Os ollos son prominentes coa pupila horizontal e o iris dunha espectacular cor dourada, vermella ou alaranxada.

Especies parecidas:

É similar ao sapo corriqueiro ( bufo calamita ), pero este ten unha línea clara na zona vertebral, e as glándulas parótides non son oblícuas, senon paralelas.

Distribución:

Esta presente en toda Galicia, chegando mesmo aos 1.900 m de altitude en Pena Trevinca. Citouse nas illas Ons como unha intoducción recente ( Galán, 1999 )

Hábitat:

Aínda que non pode aparecer en calquera tipo de hábitat, prefire os prados e hortas, non sendo raro en fragas. Ten predilección por solos con boa cobertura vexetal, pero tamén pode colonizar solos degrados pola erosión, refuxiándose debaixo de pedras e rexeitando os terreos moi rochosos.

Postas:

A femia deposita entre 2.000 e 10.000 ovos, en longos cordóns xelatinosos de 2 a 4 filas, que inchan en contacto coa auga. Cada ovo ten de 1,5 a 2 mm de diámetro. Estes cordóns poden chegar a medir varios metros de lonxitude e quedan enrredados na vexetación.

Larvas:

En contraste cos adultos, as larvas son moi pequenas, ao eclosionar miden 10 mm, e alcanzan unha lonxitude total de entre 15 e 35 mm. Son de cor escura case negros.

O espiráculo téñeno no costado esquerdo.

Alimentación:

Aliméntase fundamentalmente de insectos ( formigas, lepidópteros, coleópteros ) arácnidos , miñocas e gasterópodos. Os exemplares máis grandes poden chegar a capturar lagartas e crías de ratos

Estatus poboacional:

Aínda que segue sendo unha espécie bastante habitual na nosa xeografía, ten unha lenta pero contante regresión, debido principalmente a contaminación e degradación dos seus hábitats reproductores, construcción de encoros e introducción de especies alóctonas.

Trátase dun anfibio moi afectado polo uso excesivo de insecticidas na agricultura, ademais resulta ser o máis abundantemente atropelado nas estradas.

( Información sacada da guía dos anfibios e réptiles de Galicia )

Esta entrada foi publicada en Anfibios, Sapo común. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s