Limpafontes común

Na zona de donde son podense encontrar a estes pequenos animaliños en regos ou pozas.

Ficha:

Descripción:

Urodelo de pequeno tamaño, con ollos pequenos e glándulas parotides pouco prominentes. Lonxitude total entre 7 e 10 cm, sendo a cola un pouco máis grande que o corpo e a cabeza xuntas. Cola machucada lateralmente. Cor dorsal parda máis ou menos escura ( as veces case negra ), con manchas redondas de cor negra dispostas de forma irregular. Ventre de cor laranxa viva ou vermella.

As patas posteriores nunca teñen as dedas palmeadas nin teñen cristas, o que as diferenza do limpafontes palmeado.

Especies parecidas:

Pódese confundir co pintafontes palmado pero este ten a cor dorsal máis clara, unha liña escura desde o fuciño até a parte de atrás da cabeza, e a cor ventral é amarela ou laranxa moi clara.

Distribución:

Encóntrase practicamente en toda Galicia, sendo menos abundante na zona oriental. Pode chegar até os 1.600 m de altitude. Vese nas illas Ons, Sálvora e Illa de Arousa.

Hábitat:

É un dos anfibios galegos máis dependentes da auga: fontes, pozas de auga, píos, regatos de corrente lenta etc. Pode aparecer tamén en augas estancadas estacionais.

Éncontraselle en calquera tipo de hábitat, como eucaliptais, piñeirais, carballeiras, zonas de mato e incluso cultivos.

Postas:

A femia pon entre 100 e 250 ovos de 2 mm de diámetro, que son fixados individualmente  a plantas acúaticas.

Larvas:

Ao nacer, as larvas miden entre 8 e 10 mm de lonxitude total, e poden chegar, antes da metamorfose, aos 25-35 mm.

Os acabados de nacer teñen unha cor amarelenta ao principio, volvéndose aos poucos días volvéndose aos poucos días de cor parda con moitos puntos escuros.

A crista dorsal comeza na zona da noca, e as cristas caudais van paralelas a superior e a inferior, rematando de forma algo brusca e a punta da cola acabada en punta.

Alimentación:

Na súa dieta incluense gran variedade de larvas de insectos acúaticos e terrestre, aínda que ás veces se alimentan de ovos ou de larvas doutros urodelos ou das súas propias.

Status poblacional:

É o urodelo máis abundante e de máis amplia distribución da nosa xeografía, aínda que é moi sensíbel á alteración da calidade das augas.

As súas principais ameazas son a contaminación dos hábitats de reproducción e o desecamento dos regatos, charcas e fontes, xa sexa para usos agrícolas como urbanísticos.

( Información sacada da guía dos anfibios e réptiles de galicia )

Esta entrada foi publicada en Anfibios, LImpafontes común. Ligazón permanente.

2 respostas a Limpafontes común

  1. Martiño di:

    Que fotos máis chulas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s