Pica das árbores

Aquí podedes ver unha pica das árbores que encontrei nun prado nos lindes dun bosque.

Ficha:

Pica das árbores

Anthus trivialis

Descripción:

14-16 cm. Sexos iguais. Partes superiores castañas ou menos escuras, raiadas en pardo; cella parda amarelada máis ou menos neta; plumas das ás abeiradas en crema; peito cremoso con pencas nidias; ventre branco que contrasta co peito; rabo coas rectrices externas brancas; patas e base inferior do petriro rosadas; uña posterior curta e bastante curva. Vese pousada en árbores, arames eléctricos, etc. A súa voz é un  “psii” e sip, sip sip” que emite ao iniciar o voo desde un pousadoiro; tamén canta en época núpcial ao descender ” en paracaidas “coas ás ríxidas e as patas colgantes sobre as árbores.

Distribución:

En Galicia é escasa e estival de marzo a setembro -primeiros de outubro. Vese tamén nos pasos.

Habitat:

Campos con árbores espalladas e lindeiros de bosques.

Observacións:

Cría de maio a xullo. Constrúe o niño no chan entre herba, xuncos, etc. e nel pon 4-6 ovos de cor variable, con manchas, raias e puntos; choca a femia durante 12-14 días; os polos deixan o niño a os 10 e voan aos 17. Dúas roladas. Aliméntanse de arácnidos, insectos e as súas larvas.

Esta entrada foi publicada en Aves, Pica das árbores. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s