Xabarín

Aquí podedes ver queda un xabarín fozando na terra en busca de comida.

Ficha:

A subespecie presente no norte da Península e de maior tamaño e ten borra invernal. Conpacto, de tórax moi desenvolvido. Cabeza grande e alongada cos ollos pequenos, orellas ergueitas e de forma triángular, carece de pescozo. Fociño proxectado cara a diante e rematado nunha calosidade móbil e plana, útil para fozar na terra na procura de alimento, desprazando grandes pedras cun lixeiro movemento da cabeza. Posúe catro grandes cairos, dúas navallas no maxilar inferior e dúas amoladeiras curvadas cara arriba no superior, que exceden o beizo superior pola cara dorsal do fuciño. Máis desenvolvidos nos machos que nas femias, aínda que nas femias vellas poden ter os cairos de grandes dimensións. Estas pezas dentarias coa boca pechada están en contacto permanente e, coa idade, presentan as caras desgatadas e moi afiadas. O desenvolvemento lonxitudinal e a superficie erosionada da navalla tende a igualarse coa zona desgastada da amoladeira. Extremidades curtas, algo máis desenvolvidas as anteriores. Catro dedos transformados en pezuños, só os dous centrais máis grandes tocan o chan. Os pezuños secundarios están en contacto en determinadas situacións. Cola curta rematada nun penacho de pelos longos. Todo o corpo está cuberto de sedas e presentán unha crista dordsal de pelos máis longos e eréctiles. Entre os xabarís podemos diferenciar tres idades: raión até os seis meses, cun cracterístico patrón de coloración de once raias lonxitudinais; vermello, entre os 6-12 meses, con librea encarnada por mor dos reflexos da borra imvernal, carece de pelos longos no rabo e a cabeza non está plenamente desenvolvida; adulto, cando o xabaril ten máis dun ano e comezan a medrarlle os longos pelos da crina que cobren o dorso até a metade do corpo. Comprobando a substitución dos dentes de leite polos definitivos, pódese estimar a idade até os dous anos e medio. O cranio, visto de perfil, presenta a parte superior convexa ou case rectilínea. Órbitas abertas na parte posterior. As navallas dos grandes machos poden superar os 20 cm. Patróns de coloración variábeis sugundo idade, sexo ou época do ano. No inverno pardo cincento cos pelos da crina case negros, igual que as orellas e sa extremidades. En verán perde a borra invernal e os pelos da crina son máis cutos e claros, o aspecto xeral é cincento. Os machos vellos tenden a ter unha librea prateada. Dimorfismo sexual moi acusado, machos máis grandes e con cairos moi desnvolvidos. As femias acadan a madurez sexual entre o primeiro e o segundo ano de vida. O celo vai de novembro a febreiro, poden ter dúas camadas ao ano en lugares onde  a  calidade trófica sexa favorable de 3-5 crías, que nacen cos ollos abertos, coincidindo os partos entre marzo e maio. Presenta actividade nocturna, durante o día pasa as horas deitado nunha pequena depresión escavada por el mesmo entre a densa vexetación. Ten o costume de darse baños de lama e ao seu termo refrega as costas enlamadas contra árbores ou rochas. Pode formar grupos de entre 2-7 individuos, constituídos, polo xeral, por unha unidade familiar: macho, femia e os raións do ano. Os machos adoitan vivir en solitario, ás veces vémolos acompañados por un escudeiro, subadulto co que forma parella nos seus desprazamentos. Alimenatción omnívora, posúe un excelente olfacto co que é capaz de detectar tubérculos, miñocas, ras ou corpos mortos en descomposición a moita distancia.A dieta varía coas estacións, consumíndo o recurso máis abondoso.Vive en todos os hábitats, prefire defrondosas con abundancia de alimentos, pero tamén en repoboacións forestais de piñeiros ou eucaliptos con densas matogueiras. Especie abondosa. Distribuído amplamente polo noso país.

(esta información está sacada da guía dos mamíferos de Galicia)

Esta entrada foi publicada en Mamíferos, Xabarín. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s