Miñato común

Observamos este miñato cando estaba esperando a algún rato pousado nunha estaca.

Ficha:

Miñato

(buteo buteo)

Descrición:

46-58 cm. Sexos iguais en coloración, pero danse variacións na cor da plumaxe que van de parda moi escura a crema; a forma máis común en Galicia ten as partes superiores pardas escuras, así como a cabeza, gorxa e papo; o resto as partes inferiores é máis claro e apencado de pardo en menor ou maior grao; banda pálida cruzando o peito; rabo moi riscado con banda terminal única. A subespecie B. b. vulpinos e moito máis arrubiada e ten o rabo abrancazado sen bandas, pero os inmaturos téñeno barrado no remate. Vértice flexor e ombreiros escuros. Os inmaturos son moi semellantes aos adultos, pero o rabo case sempre carece dunha ancha banda terminal e a cabeza é algo liscada. Alcanza a plumaxe adulta aos 9 meses. En voo caracterízase polas ás anchas que vistas desde abaixo teñen as puntas moi escuras e a metade posterior clara; báteas pausadamente planea en círculos e as veces peneira. A distancia e en voo pode confundirse coa aguia real, pero esta última ten a cabeza mais longa, as ás cuadrangulares e a banda terminal moito máis ancha. O miñato abelleiro ten o rabo máis longo e preto da base do mesmo pola parte inferior, poden verse dúas bandas escuras das que carece a especie descrita, leva a cabeza e o pescozo proxectados cara a fóra e ten a parte inferior das ás máis barrada.

Distribución:

En Galicia é sedentario con algúns invernantes; e a máis común das rapiñas diurnas; aniña en todo o territorio.

Hábitat:

Preferentemente en lugares de arborado que alternen con prados e campos.

Observacións:

Constrúe o niño en grandes árbores, entre 5 e 15 m. Desde mediados de marzo ata xullo pon de 2-3 ovos brancos manchados de pardo que chocan ambos sexos durante 36 días; os polos voan ao cabo  de 45. Aliméntanse fundamentalmente de pequenos mamíferos, de insectos e réptiles. Vese fundalmente pousado en postes de tendido electrico.

(información sacada da guía das aves de Galicia)

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Aves, MIñato común. Ligazón permanente.

One Response to Miñato común

  1. Pingback: sentar á sombra, soñar unha historia « fálasme a min?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s