Ra de santo antón


Ficha:

Ra de santo antón

(Hyla arborea)

Descricción:

Pequena ra de corpo gordecho e patas longas, cuxas dedas rematan nunhas pequenas bentosas que segregan substancias viscosas que lles permiten adherirse e trepar pola vexetación. Habitualmente alcanza os 35-45 mm aínda que pode chegar a os 50. Carece de glándulas parótides.

Estas ras teñen a pel lisa e brillante dunha cor verde moi viva polo dorso e granulosa de cor abrancazada ou cinsenta polo ventre. Polos costados teñen unhas liñas de cor marrón ou negra bastante anchas, que separan o dorso do ventre, e que che chegan desde o fociño até a ingua, pasando polo ollo.

Ollos laterais e prominentes, con pupila horizontal e iris de cor dourada. O tímpano está ben diferenciado e ten un tamaño algo inferior ao do ollo.

Os machos posúen un saco vocal que cando o incha ten forma esférica e tamaño superior á súa cabeza.

Distribución:

É unha especie común en toda Galicia onde aparece desde o nivel do mar até os 1.800 m en Trevinca, aínda que irregularmente repartido debido ao seu hábitat predilecto. Presente na illa de Arousa.

Hábitat:

Usualmente encóntrase en zonas húmidas con abundante vexetación, preto de ríos de curso lento, lagoas, encoros. Gústalle trepar pola vexetación herbácea.


Postas:

Cada femia pode facer unha posta de entre 800 e 1.000 ovos, en paquetes aillados do tamaño dunha noz, que van para o fondo da masa de auga. Os ovos teñen un diámetro de 1´5 mm e cor branca- amarelenta cun dos polos un pouco máis escuro.

Larvas:

No momento da eclosión, o tamaño da larva oscila entre 5 e os 8 mm, e chegan aos 35-40 mm de lonxitude total, raramente aos 50 mm.

A parte superior acostuma ser de tons oliváceos con manchas prateadas. O espiráculo sitúase no costado esquerdo.

Alimentación:

Aliméntanse especialmente de insectos voadores, formigas, arañas, aínda que a veces aparecen nna súa dieta eirugas e miñocas.

Status poboacional:

Aínda que localmente pode ser moi abundante, especialmente nalgunhas lagoas ou encoros, noutros cursos de auga e moi escasa ou non existe, debido a que precisa unha boa cobertura vexetal nas súas ribeiras.

Esta especie resulta moi afectada polo desecamento das zonas húmidas, uso de insecticidas e queima de vexetación de ribeira, así como pola introducción de especies exóticas.

(información sacada da guía dos anfibios e réptiles de Galicia)

Esta entrada foi publicada en Anfibios, Ra de santo antón. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s