Esgozón común

Encontrei a este esgozón común cerca do pequeno lugar de Esteiro , no concello de Muros, un día anubrado ás catro da tarde. Nas fotografías pódense apreciar as pequenas patas dianteiras.

Ficha:

Esgozón común

Chalcides striatus

Descrición:

Lagarto de aspecto serpentiforme de sección redondeada, patas moi curtas e cabeza pequena.

Aínda que pode alcanzar os 40 cm de lonxitude en total, non acostuma exceder os 30 cm sendo as femias máis grandes que os machos. Á cola corresponde entre un 50 e un 59% de lonxitude total.

As patas son máis curtas que as do esgozón ibérico cunhas dimensións que oscilan entre os 4 e os 6 mm. Cada pata ten 3 dedos.

A cor dorsal é parda, oliva ou bronce, con 9 raias escuras (mais raramente 11 o 13). O ventre é abrancazado ou gris claro , sen manchas.

As escamas son grandes e lisas, entre 20 e 26 fileiras arredor do corpo.

Especies parecidas:

É unha especie moi similar ao esgozón ibérico, aínda que este ten as patas proporcionalmente máis grandes con cinco dedos cada unha, o deseño dorsal é de cor uniforme sen liñas lonxitudinais e ten entre 26 e 28 fileiras de escamas arredor do corpo.

Distribución:

Está presente por toda Galicia, aínda que é máis abundante en lugares cálidos e abrigados, por exemplo nos toxais costeiros de Pontevedra e a Coruña. Pode alcanzar os 1.550 m de altitude en Pena Trevinca.

Hábitat:

Vese habitualmente en lugares húmidos con vexetación herbácea, matos e con bo sol.

Nas zonas máis cálidas de Galicia pode habitar en prados con bastante humidade, como os que rodean as marismas costeiras.

Pode chegar a colonizar terreos degradados polos incendios.

Postas:

É ovovivípara, parindo cada femia entre 1 e 12 crías, normalmente no mes de agosto.

Xuvenís:

As crías, ao nacer, miden entre 80 e 115 mm de lonxitude total, sendo practicamente idénticos aos adultos.

Alimentación:

A súa alimentación componse especialmente de arañas, homópteros, isópodos, coleópteros e carcois.

Status poboacional:

É bastante común e abundante nalgunhas zonas costeiras e nas menos frías do interior sendo, dentro da súa área de distribución, máis escasa nas illas, onde se producen un forte descenso das súas poboacións.

Entre as ameazas podemos destacar a queima de restroballos, así como a persecución humana directa ao confundilos con cobras.

(Información sacada da guía dos anfibios e réptiles de Galicia)

Esta entrada foi publicada en Esgozón común, Réptiles. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s