Sapo corriqueiro

Atopei  este bonito exemplar de sapo corriqueiro  unha húmida noite de tormenta preto dun prado que ia ser empacado o día seguinte, asique despois de sacarle as fotos libereino preto dunha fraga cercana onde non había perigo de que morrese como o fan nestes casos  esgozóns, ratos e outros pequenos animais.

O sapo corriqueiro, anfibio de tamaño medio, é parecido ao sapo común, diferenciandose del na posición das glandulas parótides entre sí, a cor dorsal un pouco máis clara e sobre todo en que o sapo corriqueiro ten unha línea vertebral amarela que o sapo común non posúe. Ademais este sapo ten a cor do ventre gris ou branco sucio.

 Encanto a alimentación comparte presas con outrros anuros alimentandose de invertebrados, especialmente de formigas, miñocas, coleópteros, dípteros…

Está distribuido por toda Galicia aínda que debido a que precisa solos brandos pode faltar en algunhas zonas.

 Prefire vivir  en terreos barandos debido aos seus costumes escavadores. Fora da época de reproducción, onde precisan da auga para depositar a posta, poden encontrarse es zonas distantes da auga.

Esta entrada foi publicada en Anfibios, Sapo corriqueiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s