Monthly Archives: Xaneiro 2012

Bilurico pativerde

Este bilurico pativerde estaba nunha praia  preto de Carnota.  Como podedes ver a praia estaba moi contaminada pero aínda así tiña unha gran riqueza ornitolóxica. Esta ave invernante  esta en aumento en Galicia habitando en praias, marismas… Aliméntase de insectos … Seguir lendo

Publicado en Aves, Bilurico pativerde | 1 comentario

De parranda pola ría de Muros e Noia

Desta vez foi chegar e encher. Ía  cara Carnota coa intención de visitar á lagoa de Louro. Antes de chegar a Muros hai unha pequena praia desgrazadamente bastante sucia. A pesar de todo chea de aves limícolas, corvos mariños, garzas … Seguir lendo

Publicado en Aves, Gabita euroasiática, Garzota común | Deixar un comentario

Chasco común

Nesta ocasión preséntovos un chasco común macho de nome científico Saxicola torquata. Custoume o seu xa que non paraba de moverse e entón non había moitas fotos aproveitables. Se son sincero queridos lectores nunca fotografara a un chasco, e apesar … Seguir lendo

Publicado en Aves, Chasco común | 2 Comentarios

Macho de Rabirrubio

Publicado en Aves, Rabirrubio | 1 comentario

Ruta polo río Tambre

Estoutro día fun de andaina pola beira do río Tambre  pra ver se vía algo.  E efectivamente  había un corvo mariño que apesar do nome atópase en masas de aire interiores.Os omnipresntes paporrubios. Eran abundantes as pesqueiras de lamprea en … Seguir lendo

Publicado en Ríos | Deixar un comentario

Gaivotas en Noia

Estoutro día fun de visita a Noia. Basicamente a dar unha volta pola vila e de paso ver o mercado e lapar algo. Aínda así eu sempre estou a espreita do que pode ser un artigo para o meu blog. … Seguir lendo

Publicado en Aves, Gaivota chorona común | Deixar un comentario

Parella de limpafontes verdes

O animal que aquí vedes protagonista deste blog, descubrino xunto con 4 amigos debaixo dunha gran lousa preto dun pío de auga utilizado anteriormente pra dar de beber as vacas. A verdade e que este tipo de pias contitúen unha … Seguir lendo

Publicado en Anfibios, Limpafontes verde | Deixar un comentario

Paxarada de inverno

Na néboa… Como vos prometín nun artigo anterior aquí van tres vídeos de un paporrubio, ferrreiriño bacachís e ferreiro abelleiro respectivamente.

Publicado en Aves, Ferreiriño bacachís, Ferreiro abelleiro, Paporrubio | Deixar un comentario

Píntega de aninovo

Vin esta píntega, (salamandra salamandra) nunha húmida carballeira ao principio deste mes, e xa de paso aproveito para desexárvos aos lectores deste   blog moi bo ano 2012.

Publicado en Anfibios, Píntega | Deixar un comentario