Paporrubio real e Ferreiro abelleiro

Por desgraza con esta calor parece que estivésemos xa en primavera. As árbores andan algo confundidas como esta que botou os brotes prematuramente, dos que se alimentaban estes paporrubios reais, e no pé, este abelleiro.

Desta vez, aínda que non as puiden captar coa cámara, vin especies que só son estivais na nosa terra, como por exemplo o miñato real, ou a cegoña branca. Aínda que esta última comeza a quedarse aquí todo o ano debido ao ascenso global das temperaturas.

Miñato real- milvus milvus

Ferreiro abelleiro – parus major

Cegoña branca – ciconia ciconia

Paporrubio real- pyrrhibula pyrrhibula

Esta entrada foi publicada en Aves, Cegoña branca, Ferreiro abelleiro. Ligazón permanente.

Unha resposta a Paporrubio real e Ferreiro abelleiro

  1. Realmente é unha pena a seca que estamos a padecer. Vindo de Bonxe para o Morrazo, había un incendio, e doe ver arder o monte, non si? E se xa comeza a arder agora, o que fará nos próximos meses.
    Con respecto ás cegoñas, en Bonxe xa hai unha comunidade delas, vémolas todo o ano. E tamén vemos garzas (comentáronme o mesmo que ti dis, que se debe ao cambio climático).
    Moi boas fotos, cada día mellores.
    A ver se hai sorte e algún día fotografas o lobo!
    apertas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s