Lapido mándame amablemente esta foto dun moucho común padronés.
Esta ave, que no seu momento foi común en Galicia, experimentou unha forte regresión nos últimos 20 anos, vendo reducidos os seus efectivos case á metade. Isto provocou que fora escollida ave do ano pola Seo/BirdLife para chamar a atención sobre a diminución dos seus efectivos.